As persoas abaixo asinantes, sindicalistas, delegadas de persoal, de comités de empresa e xuntas de persoal, así como afiliadas en xeral, todas integrantes da Confederación Intersindical Galega [CIG], diante do conflito social que xera a imposición da instalación dunha planta regasificadora dentro da angosta Ría de Ferrol queremos manifestar o que segue:
Que estamos a favor da reindustrialización da nosa comarca, como xeito de criar riqueza, para mellorar as condicións de vida da cidadanía; estamos pola creación de postos de traballo para as persoas desempregadas, para a mocidade que agora se está formando, para as persoas que queiran mellorar no emprego e mesmo para as persoas imigrantes que queiran compartir o noso espazo para viver e traballar. Mais non apoiamos unha reindustrialización a calquer prezo. Somos conscentes de que o impacto medioambiental cero non existe, toda industria produce un impacto, mais si existe a reindustrialización racional e desenvolvimento sostíbel, e mesmo a necesidade e posibilidade de recuperación de espazos que noutro momento destruímos.
Que non podemos entender como, despois da construción do porto exterior, de grande impacto ambiental para a nosa Ría, coa disculpa de que ía a albergar o porto carboeiro; a desgasificadora, e unha futura planta de gas, para servir á central de ciclo combinado que daquela se estaba a proxectar nas Pontes, a planta regasificadora acabou-se por construír en Punta Promontorio, dentro da Ría e a poucos metros dun complexo petroquímico que xa viña ameazando aos lugares poboados próximos e á propia Ría. O que só se pode entender pola existencia de corrupción e intereses políticos e económicos inconfesábeis.
Que os buques gaseiros teñen que cruzar un angosto canal que ten unha bocana de apenas 150 metros de ancho navegábeis [entre boias], e 4.000 metros de longo, para chegar á planta regasificadora de REGANOSA. Co problema engadido de que esta operación só se pode realizar en mar morta, da pleamar diúrna, que apenas dura vinte minutos. Na citada operación participan catro remolcadores, lanchas de prácticos, de operarios de Capitanía Marítima e varias patrulleiras da Guardia Civil. Podemo-nos imaxinar o enorme custe económico que isto supón. Este é un feito que se ven repetindo desde principios de maio deste ano 2007. Xa van sete buques cargados con GNL que entraron na Ría, iso que está en probas. Teñen previsto que sexan 52 ao ano, mais están pedindo que poda duplicar a súa produción o que significaría duplicar o número de buques.
Que a Regasificadora ten imposibilidade física de cumprir a Lei, e os condicionados de seguridade exixidos polas normativas estatais, europeias e internacionais, para este tipo de industrias. Reganosa non pode cumprir os condiconados de distancia a núcleos de poboación, pois toda a parroquia de Meá, que lle rodea, está densamente poboada, a vila de Mugardos está a menos de 800 metros e Ferrol, o Arsenal Militar e Navantia-Ferrol a uns 1500. O outro condicionado de seguridade, tampouco o pode cumprir, pois en caso de emerxencia, a normativa en vigor, obriga a saír ao buque polos seus propios medios a mar aberto, é evidente que non pode. Mesmo hai dúas sentencias favorábeis á cidadanía do TSXG, que anulan a falsa tramitación ambiental de REGANOSA.
Que a planta regasificadora de Punta Promontorio, non só ameaza a seguridade e a vida das persoas, senón que os mariscadores e mariscadoras ven ameazados os seus postos de traballo co impacto ambiental negativo, da tecnoloxía de vaporización por auga mariña que utiliza REGANOSA, e a paralización da actividade en certos bancos marisqueiros cando entra ou sae un buque gaseiro.
Que a loita contra esta planta regasificadora, non é algo que se lle ocurrira a alguén formular agora, senón que se leva desde o ano 2000 nesta loita, muito antes de que comezase a súa construcción, mais o que si é certo é que houbo un muro de silencio mediático a todo o que significara a oposición a esta planta regasificadora dentro da Ría. Muros que comezaron a desmoronarse o 9 de maio deste ano co bloqueo do metanero Galica Spirit.
Diante disto:
MANIFESTAMOS
Que estamos no convencimento de que, REGANOSA é unha ameaza para a seguridade e a vida de miles de persoas, a Ría e a súa riqueza marisqueira, poñendo en perigo os 600 postos de traballo que esta xera.
Polo que demandamos:
1º Ao Goberno Central que ten competencias para decidir que, en base a eses condicionados non resoltos, non sexa aprobada a acta de funcionamento definitivo de REGANOSA.
2º Á Xunta de Galicia para que renuncie á herdanza envelenada do caso REGANOSA, e así mesmo, reoriente a súa política enerxética para que deixe de ser unha ameaza para a Ría e para a vida de miles de persoas de Ferrol Terra.
3º Ao Concello de Ferrol para que acorde dirixirse ao Tribunal Supremo a fin de que faga firme a sentenza 536/2004 favorable á cidadanía de Ferrol e que anula a falsa tramitación ambiental de REGANOSA.
4º Ao Concello de Mugardos, para que revise as licenzas, permisos e acordos con REGANOSA, que están ameazando a vida e os intereses da veciñanza.
Así mesmo demandamos lle sexan retiradas ás denuncias e sancións aos traballadores e traballadoras do mar, derivadas da defensa da Ría e dos seus postos de traballo.
E por último,
APOIAMOS A MANIFESTACIÓN QUE O DOMINGO 30 DE SETEMBRO, TEN CONVOCADA O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, CON SAÍDA DESDE O PORTO DE FERROL ÁS 12 DO MEDIODÍA.
E CHAMAMOS A CLASE TRABALLADORA DA COMARCA A PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN, DETRÁS DO UNANIME LEMA: PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!!
Ferrol, a 26 de Setembro de 2007
- XOÁN FERNÁNDEZ SIXTO, NAVANTIA-FERROL CIG-METAL
- ANA SUÁREZ CASTRO, MEMBRO DA XUNTA DE PERSOAL DA AREA DE SAÚDE DE FERROL CIG-SANIDADE
- XOÁN FRANCISCO LÓPEZ PÉREZ, SECRETARIO ORG. DA CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
- ANDRÉ MARTÍNEZ CES, EMISARIO TERRESTRE MALATA-PRIORIÑO CHICO CIG-METAL
- XOSÉ MIGUEL LOPEZ PÉREZ, SERGAS CIG-SANIDADE
- PILAR CES RIOBOO, NAVANTIA-FERROL CIG-METAL
- INÁCIO MARTÍNEZ ORERO VINCULACIÓN TEMPORAL DO SERGAS CIG-SANIDADE
- JUAN CASAS PIÑEIRO, PRESIDENTE DA XUNTA DE PERSOAL DO CONCELLO DAS PONTES
- CARLOS TEIJEIRO PAZ, MEMBRO DA XUNTA DE PERSOAL DO CONCELLO DAS PONTES
- DIVINA GACIO FREIRE, MEMBRO DA XUNTA DE PERSOAL DO CONCELLO DAS PONTES
- JOSE DURÁN TOJEIRO, MEMBRO DA XUNTA DE PERSOAL DO CONCELLO DAS PONTES
- CARLOS OREJA ROMÁN, MEMBRO DA XUNTA DE PERSOAL DO CONCELLO DAS PONTES
- HENRIQUE BLANCO CAZÁS, MEMBRO DA XUNTA DE PERSOAL DO CONCELLO DAS PONTES
- JOESEFA RODRÍGUEZ PORCA, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
- OSCAR VIDAL PÉREZ, MEMBRO DA DIRECCIÓN COMARCAL DA CIG, DELEGADO DE PERSOAL DA CEMENTIRA DE NARÓN CIG-CONSTRUCIÓN
- IAGO CONDE CAGIAO, MEMBRO DA DIRECCIÓN COMARCAL DA CIG, CIG-QUÍMICAS E ENERXÍA
- ANDRÉS GARCÍA HERMIDA, NAVANTIA-FERROL CIG-METAL
- FRANCISCO MAYOBRE TOIMIL, NAVANTIA-FERROL CIG-METAL
- MARCOS VARELA VIGO, NAVANTIA-FERROL CIG-METAL
- JUÁN M. BERMÚDEZ, NAVANTIA-FENE CIG-METAL
- JOSÉ L. BARGEL CELA, NAVANTIA-FERROL CIG-METAL
- JOSÉ L.DÍAZ RODRÍGUEZ, NAVANTIA-FERROL CIG-METAL
- MODESTO LAMAS RIBEIRA, NAVANTIA-FERROL CIG-METAL
- ISMAEL PICO PITA, CIG-METAL
- PORFÍRIO EMBADE PITA, CIG-METAL
- JOSÉ M. GONÁLEZ VIDE, CIG-METAL
- IRENE FERNÁNDEZ FIDALGO, CIG-SERVIZOS
- MIGUEL ANGEL NEIRA ROMERO, PENSIONISTA NAVANTIA-FERROL
- VICTOR AGULLÓ LÓPEZ, PREXUBILADO NAVANTIA-FERROL
- PAULA AGULLÓ LÓPEZ, ENSIA CIG-ADMINITRACIÓN
- MIGUEL QUINTANILLA GAYOSO, PORTOS FERROL CIG-FEGAMT
- HELEANA SÁNCHEZ LÓPEZ, DELEGADA CIG-BANCA-AFORROS E SEGUROS
- RAÚL LOBEIRAS, NAVANTIA-FERROL CIG-METAL
- ALBERTO PITA PÉREZ, NAVANTIA-FERROL CIG-METAL
- XAVIER PRIETO ESPIÑEIRA, NAVANTIA-FERROL CIG-METAL
- JOSEFINA LAR CASTELEIRO, NAVANTIA-FERROL CIG-METAL
- BEATRIZ T. SORIA PAZOS, MUGARDOS
- JUAN ORUEZASELA ROMERO, MUGARDOS
- CARLOS G. PÉREZ DÍAZ, MUGARDOS
- JOSÉ A.LIÑARES CONDAL, MUGARDOS
- MARCOS DARRIBA LÓPEZ, MUGARDOS
- MARIA DEL CARMEN DOPICO SIXTO, MUGARDOS
- MARIA DEL PILAR IGLESIAS MARTÍNEZ, MUGARDOS
- AMELIA REGUEIRO REI, MUGARDOS
- MARIA DEL CARMEN FORNOS IGLESIAS, MUGARDOS
- EMILIA MONTERO SECO, MUGARDOS
- XOSÉ MARÍA DOBARRO PAZ, PROFESOR UDC CIG-ENSINO
- LUCIA RICO DURÁN, MUGARDOS
- CARLOS MUÍÑO FRAGA, MUGARDOS
- MIGUEL A. RODRÍGUEZ BASTIDA, MUGARDOS
- JUANA PENA FONTENLA, MUGARDOS
- ANTONIA PENA VEIGA, MUGARDOS
- ESTEBAN BAYOLO REY, MUGARDOS
- ANTONIO PENA FONTENLA, MUGARDOS
- CARMEN SANMIGUEL DÍAZ, SERGAS CIG-SANIDADE
- HORTENSIA FREIRE BLANCO, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
- MONSERRAT GUTIÉRREZ RIBERA, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
- EVA BERGANTIÑOS, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
- CRISTINA MARTÍNEZ CES, COMISIÓN EXECUTIVA NACIONAL CIG-SERVIZOS
- BERTA RIVAS SANDE, FORGA CIG-BANCA-AFORROS-SEGUROS
- CESAR PITA CARRETERO, MESTRE - CONSELLERÍA EDUC. CIG-ENSINO
- BÁRBARA PRIMO PÉREZ, CIG-METAL
- TEREIXA PEREIRO GARCÍA, CONCELLO DE FERROL CIG-ADMINISTRACIÓN
- LUPE CES RIOBOO, MESTRA CONSELL. EDUC. CIG-ENSINO
- ANTONIO BALIÑO VÁZQUEZ, SECRETARIO COMARCAL CIG-ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN COMARCAL DA CIG
- MARIA CRUZ PENA PENABAD, PROFESORA CONSELL. EDUC. CIG-ENSINO
- PATRICIA SAEZ PÉREZ, CIG-SERVIZOS
- BRUNO LÓPEZ TEIXEIRO, CIG-SERVIZOS
- CARLOS GARCÍA SEOANE, CIG-CONSTRUCIÓN E MADEIRA
- XESÚS M. DÍAZ SUÁREZ, CIG-ENSINO
- CRISTINA CORRAL CAMPELLE, CIG-QUÍMICAS E ENERXÍA
- JOSÉ MARÍA RODRÍGUEZ ANEIROS, TELEFÓNICA CIG FEGAMT SECCIÓN TRANSPORTE E COMUNICACIÓNS
- ERNESTO LÓPES DÍAS, CIG-CONSTRUCIÓN E MADEIRA
- FERNANDO MARTÍNS LÓPEZ, CIG-METAL
- JOSÉ SANMARTÍM BOUÇA, CIG-METAL
- ANXO MANUEL PONCE, CIG-METAL
- ALEXANDRE FERNÁNDEZ PÉREZ, CIG-BANCA-AFORROS E SEGUROS
- MONTSERRAT GAREL, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
- CESAR ARBA BOUZA, DELEGADO DE PREVENCIÓN CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
- MAR PETEIRA CABANA, MEMBRO DA EXECUTIVA CONFEDERAL DA CIG
- AVELINO PENEDO FEIJÓO, DELEGADO ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
- RAFAEL AGUIRREBENGOA ESNAOLA, DIRECCIÓN COMARCAL DA CIG
- JOSÉ RAMÓN CARRACEDO LAGO, RESPONSÁBEL DA ADM. AUTONÓMICA
- MIGUEL ANGEL FERNÁNDEZ PÉREZ, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
- MARÍA DO PILAR PATINHO PENYA, PROFESORA CONSELL. EDUC. CIG-ENSINO
- ESTHER LEIRA PENABAD, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
- LUISA MARÍA LEIRA PENABAD, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
- ADRIANO CASTET PÉREZ, DELEGADO COMIT. DE CONSELL EDUC. CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
- MARÍA JESÚS CASTRO VÁZQUEZ, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
- JOAQUÍN ROMON VENASACH, , CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
- JUAN BAUTISTA LOUZAO PENA, , CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
- ESTHER MARÍA RODRÍGUEZ PARDO, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
- MARÍA OLIVA HERMIDA CAMPOS, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
- MARÍA VICTORIA ROMANS, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
- GUADALUPE BUSTABAD, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
- YOLANDA COUCE RODRIGUEZ, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
- MARÍA MONSERRAT CABARCOS VIDAL, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
- MARÍA VICTORIA BOUZAS, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
- EVA VÁZQUEZ SAAVEDRA, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
- J. ENRIQUE NUÑEZ BARREIRO, NAVANTIA-FERROL CIG-METAL
- ANGEL M. REGUEIRA CASTRO, NAVANTIA-FERROL CIG-METAL
- DANIEL ALEX. MARTÍNEZ CES, QUÍMICAS-ENERXÍA
- MERCEDES DÍAZ LOPEZ PRESIDENTA DA XUNTA DE PERSOAL DA ÁREA DE SAÚDE DE FERROL
- AURORA PIÑON GARROTE, MEMBRO DA XUNTA DE PERSOAL DA DA AREAÁREA DE SAÚDE DE FERROL
- NIEVES PAZOS RUA, MEMBRO DA XUNTA DE PERSOAL DA DA ÁREA DE SAÚDE DE FERROL
- ANDRÉS LOPEZ AMARELO, MEMBRO DA XUNTA DE PERSOAL DA DA ÁREA DE SAÚDE DE FERROL
- JUAN CARLOS PITA GALEGO, MEMBRO DA XUNTA DE PERSOAL DA DA ÁREA DE SAÚDE DE FERROL
- MIGUEL ANGEL TALAVERA VALVERDE, MEMBRO DA XUNTA DE PERSOAL DA ÁREA DE SAÚDE DE FERROL
- ANA ARTO BLANCO, MEMBRO DA XUNTA DE PERSOAL DA ÁREA DE SAÚDE DE FERROL
- MERCEDES FERREIRA BOUZA, MEMBRO DA XUNTA DE PERSOAL DA DA AREA DE SAÚDE DE FERROL
- CELIA RAMIL PAJON, SERGAS CIG-SANIDADE
- PURI MIRA CRIADO, SERGAS CIG-SANIDADE
- XOSÉ MARIA RODRIGUEZ CASTRO, SERGAS CIG-SANIDADE
- MARI LUZ FERNÁNDEZ SANMARTÍN, SERGAS CIG-SANIDADE
- MARÍA LUISA DOMINGO JUEGA, SERGAS CIG-SANIDADE
- MIGUEL ANXO ROMERO LÓPEZ, MESTRE CONSELL. EDUC. CIG-ENSINO
- MARTA DÍAZ SEOANE, SERGAS CIG-SANIDADE
- LOIS MÉNDEZ PÉREZ, SERGAS CIG-SANIDADE
Nenhum comentário:
Postar um comentário