sexta-feira, 28 de setembro de 2007

Rolda de Prensa realizada por Fermín Paz, Suso Seixo e Emilio Cagigao, o 30 de outubro de 2003

O 30 de outubro do 2003, o xornal "La voz de Galicia", publicou unha información da rolda de prensa realizada polos dirixentes sindicais da nosa Central ao máis alto nível. Rolda de prensa realizada, para amosar un incondicional apoio á planta regasificadora de REGANOSA. Non sabemos se, previamente algún organismo da Central Sindical acordou algunha resolución de apoio incondicional a REGANOSA. Mais aquí queda a noticia de prensa con foto incluida. Na rolda de prensa participaron: Emilio Cagigao Deive, daquela Secretario Comarcal da CIG, Fermín Paz Lamigueiro, Secretario Nacional da Federación de Químicas e Enerxía que abandou hai pouco tempo por asuntos de enfermidade, e o secretario Confederal da CIG que aínda o é, Suso Seixo Fernández.

Ver a imaxe ampliada clicando acima dela

A información suministradaaos medios de convencionais, na citada rolda de prensa, non ten o seu reflexo na principal publicación da CIG, "Tempo Sindical, de decembro de 2003 nº 47", pois nengunha das 16 páxinas do xornal sindical fai referencia ao asunto, considerado, polos dirixentes sindicais como un "asunto estratéxico" para Galiza. Acudimos ao Tempo Sindical anterior o nº 46 de xullo de 2003, e tampouco aparecenengunha referencia.

_________________

Nenhum comentário: